InicioEconomíaReunión do conselleiro do Mar con patróns maiores das confrarías da Mariña

Reunión do conselleiro do Mar con patróns maiores das confrarías da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, reuniuse este martes cos patróns maiores das confrarías da Mariña lucense co obxectivo de abordar as necesidades do sector pesqueiro e falar sobre as actuacións desenvolvidas polo Goberno galego “no deseño e execución de actuacións concretas”.

Ademais, a Xunta detallou nunha nota de prensa que o responsable do Mar destacou a “importancia” de celebrar este tipo de reunións para “reforzar o diálogo e estreitar a colaboración” coa Administración autonómica.

Deste xeito, Villares incidiu en que nos próximos meses está prevista a reparación do porto de carga do Vicedo, o inicio das obras de mellora ou o acondicionamento dos departamentos de armadores do porto de San Cibrao, entre outras accións.

Neste sentido, referiuse tamén á renovación da iluminación no porto de Celeiro e adiantou que a finais de ano iniciarase a obra de urbanización da fachada marítima na contorna da oficina portuaria e os departamentos dos armadores “no que a Xunta investirá 300 mil euros”.

Con todo, o conselleiro tamén informou na súa visita á vila lucense de que tanto a redacción como a licitación do “proxecto de reforzo exterior do dique da dársena norte do porto de Celeiro está pendente do informe de Costas do Estado desde agosto do 2022”.

ÚLTIMAS

José Ramón Rodríguez Castiñeira: “No verán xa non houbo médicos suficientes en Foz e isto vén desde hai tempo”

-Que ocorreu o sete de xaneiro para que, con posterioridade, se levase adiante unha...

Charlas sobre diabetes en Ribadeo para o 27 de xaneiro dentro do programa Preto de Ti

O Concello retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, reafirmando así...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a Praza de Abastos de Viveiro

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, realizou hoxe unha visita institucional...

Ribadeo acolleu este sábado o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-2026

Ribadeo foi este sábado sede dunha nova cita do calendario deportivo galego coa celebración...