InicioEconomíaAdif investirá catro millóns de euros en obras na vía FEVE entre...

Adif investirá catro millóns de euros en obras na vía FEVE entre Ortigueira e Burela

As actuacións consistirán no reforzo e a consolidación de trincheiras en 40 dos 55 quilómetros polos que transcorre a vía co obxectivo de dotar de "maior fiabilidade" e "minimizar" as posibles afeccións á circulación de trens

Publicada o

- Advertisement -

Adif investirá 3,7 millóns de euros para levar a cabo traballos no tramo ferroviario que conecta o municipio coruñés de Ortigueira e a localidade luguesa de Burela.

As actuacións consistirán no reforzo e a consolidación de trincheiras en 40 dos 55 quilómetros polos que transcorre a vía co obxectivo de dotar de “maior fiabilidade” e “minimizar” as posibles afeccións á circulación de trens.

Así o explica Adif nun comunicado este luns no que engade que o contrato inclúe actividades de roza e limpeza, así como o seneamiento e suavización da pendente dos noiros.

Tamén serán instaladas mallas protectoras en macizos rochosos con posibilidade de fracturación, construiranse cunetas revestidas para reter os materiais que eventualmente puidesen desprenderse e, por último, actuarase sobre os sistemas de drenaxe longitudinal da vía, mellorando a evacuación da auga de escorrentía.

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...