InicioEconomíaActo de encontro 'A Mariña Latexa Contigo' e entrega de diplomas SICTED

Acto de encontro ‘A Mariña Latexa Contigo’ e entrega de diplomas SICTED

Publicada o

- Advertisement -

A presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Rocío López, presentará oficialmente a campaña turística A Mariña Latexa Contigo aos veciños e veciñas dos concellos da Mancomunidade.

No decurso do acto entregaranse tamén as distincións SICTED aos 13 establecementos e servizos recoñecidos no último ano. Ao remate haberá un petisco para os convidados e convidadas que elaborará e servirá o alumnado do ciclo medio de cociña da oferta modular e do ciclo medio de servizos do FP de Hostalería do IES de Foz.

Intervirán: a presidenta e vicepresidenta da Mancomunidade, Rocío López e Ana Ermida; o alcalde de Foz e deputado da Área de Recursos Sostibles, Fran Cajoto; o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.

ÚLTIMAS

Veciño de viveiro acepta un ano de cárcere por distribuír pornografía infantil

Un veciño de Viveiro aceptou un ano de cárcere por tenencia e distribución de...

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

Trabada denuncia o abandono sanitario da Xunta e esixe medidas inmediatas

O Concello de Trabada denuncia a situación tan preocupante que está a sufrir...