InicioEconomíaO comité de Alcoa pide a reunión de seguimento pendente e liñas...

O comité de Alcoa pide a reunión de seguimento pendente e liñas de financiamento

Doutra banda, o comité acordou realizar unha mesa redonda con medios aberta a partidos políticos e representantes de Alcoa para abordar a situación actual.

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa volveu a pedir a reunión de seguimento pendente, á vez que solicita a Xunta e Goberno que “busquen fórmulas a través da liña ICO ou calquera outro mecanismo que teña dispoñible para que Alcoa comece as obras de investimento para o forno de cocción de ánodos”.

Segundo informa o comité este mércores, demandas ás administracións esta actuación “sen descapitalizar deste xeito o fondo de garantía”, de forma que Alcoa “devolva o diñeiro nos prazos que se acorden coas administracións, sendo unha posibilidade que o faga unha vez superado o período de axuste do 2025-27, que é cando Alcoa conta volver xerar fluxo de caixa”.

Doutra banda, o comité acordou realizar unha mesa redonda con medios aberta a partidos políticos e representantes de Alcoa para abordar a situación actual.

Todo iso despois de que, o pasado 21 de xaneiro, Alcoa, Ignis EQT, Goberno central e Xunta asinasen un “memorándum de entendemento” (MOU polas súas siglas en inglés) para asegurar o futuro a longo prazo da fábrica de San Cibrao, o que inclúe priorizar o rearranque da planta.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...