InicioEconomíaO delegado do Goberno sobre Alcoa: "creo que seremos capaces dunha solución"

O delegado do Goberno sobre Alcoa: “creo que seremos capaces dunha solución”

"Están a darse pasos para que esa solución chegue máis axiña que tarde", ratificou Pedro Blanco

Publicada o

- Advertisement -

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, comprometeu a implicación do Goberno central para “loitar” polo mantemento do emprego de Alcoa, a continuidade da actividade industrial e a permanencia desta industria na Mariña, unha área para a que supón “un núcleo principal de emprego e riqueza”.

Creo que imos ser capaces de buscar unha solución“, dixo Pedro Blanco en resposta aos medios de comunicación, a quen transmitiu que a proposta de Ignis EQT que está “encima da mesa” permite avanzar neste sentido. “Están a darse pasos para que esa solución chegue máis axiña que tarde“, ratificou.

EÓLICOS

Finalmente, en materia industrial, Pedro Blanco ratificou a aposta do Goberno pola enerxía sustentable e pola enerxía eólica en particular, e sinalou que os proxectos eólicos paralizados polo TSXG debe “resolvelos a Xunta”, administración á que “corresponde a súa tramitación”.

O Goberno central, subliñou, considera que Galicia “non debe perder esa carreira” e que é “fundamental dar seguridade” aos proxectos e “ofrecer enerxía limpa ás empresas”. “Imos ver se canto antes despexamos esta dúbida e permitimos un desenvolvemento normalizado destes plans”, finalizou. “Sobre isto hai que manter a mesma postura. Non vale ter unha postura pola mañán e outra pola tarde”, apuntou.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...