-En que consiste a obrigación de desembarque e valorización?
A obrigación de desembarque foi a última normativa na que se baseou a Política Pesqueira Común de 2013. Desde ese ano todas as organizacións debemos organizar unha serie de actividades co obxectivo de prevención e redución de capturas non desexadas, isto está relacionado cos descartes. Antes desta normavita tiñas unha cota mais recollías un peixe que economicamente carecía de valor, pois antes de chegar a porto tirábalo pola borda. A última normativa, a 2013, di que todas as especies recollidas entre as que teñen cotas, que son as principais, non se poden tirar ao mar e deben de rexistralas. Se está pechado obrígante a traelo a porto aínda que non se comercialice. Só existe unha serie de exencións que a nivel europeo se modifican cada tres anos, para evitar o que denominamos “especies de estrangulamento”. Isto trae aparellado que desde o 2014 todos os anos facemos xornadas sobre a actualización da normativa. Aínda que existe unha parte estable na normativa e que se aproba cada tres anos na UE, cada ano o goberno español ten que aprobar uns mecanismos de flexibilidade e uns mecanismos de exención.
-Por que se debe aprobar cada tres anos na UE e cada ano España debe aprobar novos mecanismos?
Porque a norma naceu con defectos, o seu espírito era ser unha mais era imposible de aplicar ás veces. Podo ter prohibición de pesca dunha parte e esa norma contradí a anterior por obrigarme a traelo a terra. Entre 2014 e o 2019 houbo un período de transición mais xa desde 2019 temos a obriga de aplicar a norma e desde ese ano creamos unha xornada anual para dirixirnos aos socios onde lles explicamos a evolución normativa daquilo relacionado coa obriga de desembarque (os antigos descartes). Por iso organizamos a xornada de obrigación de desembarque e valorización. Nesta xornada sempre vemos a visión da Administración Gestión Pesquera, Administración Control Pesquero, son os grandes departamentos relacionados con este asunto. Por unha parte, que podes facer e por outra, que non podes facer.
-Isto implica que haxa unha programación para cada unha destas áreas. Como funcionan?
A primeira parte da reunión sempre son actualizacións normativas coa normativa nacional (Gestión e Control). A segunda parte está relacionada con casos prácticos ou proxectos onde participa a OPP. Este ano estamos traballando en melloras de información para a selectividade, estes datos son usados en Europa cada tres anos para as negociacións. Este ano tamén estudamos o impacto do arrastre en fondos mariños mediante o uso de portas voadoras, son sistemas en vertical e van practicamente sen tocar o fondo. Con este proxecto queremos demostrar que existe a posibilidade de pescar sen danar o fondo do mar. Isto ten dúas repercusións: a nivel de capturas e outra a nivel de consumo. Por tanto, na última reunión presentamos o que se realizou este 2024 baixo a dirección do IEO, o proxecto REDIPESCA, onde un barco de arrastre leva durante unhas semanas un observador electrónico e outras semanas leva observadores científicos abordo. O seu traballo consiste en medir resultados no uso dunhas portas e outras distintas. O que se mide é se hai ou non diferenzas tanto en cantidades como en tallas e outra está relacionado cos consumos, vaise medindo o combustible por tanto o custe económico que ten traballar unha maneira de traballar e outra. Por último, na reunión do xoves 28 presentamos un par de proxectos da propia OPP relacionados con diferentes sistemas.
-E que sucede coa valorización, a outra parte da normativa?
Con este sistema búscase poñer en valor peixes moi baratos en orixe e que hai tempo se o prezo non era suficiente, pois eran tirados pola borda. Por iso organizamos a xornada “Especies con alto potencial”, especies baratas mais con alto potencial de comercialización. Sempre escollemos unha serie delas en representación das diferentes frotas coa excepción daquelas que non son principais, agás o peixe espada que é principal aínda que está nun momento con prezos moi baixos, pois metémolo igual para a súa promoción. O resto serían especies con prezos moi baixos na lonxa e esta acción consiste en poñelas en valor.