InicioEconomíaNove de decembro: día da reunión entre comité de empresa e Alcoa

Nove de decembro: día da reunión entre comité de empresa e Alcoa

Paralelamente, hai unha reunión bilateral convocada por Alcoa co comité para o 2 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

A reunión de seguimento da planta de Alcoa en San Cibrao, municipio de Cervo, celebrarase en Madrid o 9 de decembro (11,30 horas), luns.

Diso informou o comité de empresa este xoves, que reivindica desde hai tempo a celebración deste encontro pendente –no que participan representantes de empresa, traballadores e administracións– e que debía realizarse en setembro, segundo critica.

“Aproveitando o compromiso e a presenza do presidente da Xunta solicitamos tamén a presenza do ministro de Industria e da ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico”, explica o comité, “pola súa importante achega sobre os temas a tratar”.

Paralelamente, hai unha reunión bilateral convocada por Alcoa co comité para o 2 de decembro. Fontes da compañía trasladaron a Europa Press que ese encontro, citado inicialmente en Madrid, terá lugar finalmente en San Cibrao tras a petición realizada polos traballadores.

O pasado sábado, o comité de Alcoa retomou as mobilizacións, cun corte da A-8 en Ribadeo, ao entender que se está incumprindo o acordo de viabilidade.

Todo iso despois de que Alcoa alcanzase un principio de acordo con Ignis Eqt para que esta última invista 25 millóns no complexo de San Cibrao, o que suporía unha achega do 25% nun investimento de 75 millóns por parte da multinacional estadounidense do aluminio, para un global de 100 millóns entre ambas.

O 6 de novembro, comité e Alcoa celebraron un encontro bilateral na Mariña, onde a empresa lles ratificou que achegará 100 millóns adicionais a eses 100 millóns de fluxo de caixa. Tamén se garantiu a continuidade da produción da refinaría, ademais dun arranque do, como mínimo, 75% das cubas en 2025.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...