O BNG fixo a presentación este xoves das emendas que formulan ao proxecto de Orzamentos da Xunta para 2025, emendas que serán debatidas na próxima semana no Parlamento.
O deputado mariñao Daniel Castro, acompañado pola tenente de alcaldesa de Viveiro Miriam Bermúdez, o responsable comarcal Antonio Veiga e diversos cargos institucionais, fixo un repaso da situación da Mariña e dos incumprimentos da Xunta coa comarca que se repiten ano tras ano á hora de aprobar as contas públicas.
Según afirmou Daniel Castro estas contas non contemplan as necesidades reais e máis acuciantes da Mariña, nin os servizos básicos de moitos concellos que estes non poden costear eles sós, e máxime cando a Xunta tén competencias en moitos deles, nin nas infraestruturas, a industria, o emprego ou a sanidade, entre outros.
Unha Atención Primaria que garanta a sanidade pública de calidade e proximidade que a poboación demanda
A respecto da situación sanitaria pronunciouse Miriam Bermúdez, alertando da grave situación que neste eido se en contra a comarca, pero especialmente Viveiro, a vila máis grande da Mariña, donde o centro de saúde está prácticamente en cuadro a nivel de persoal sanitario, o mesmo que no servizo de pediatría, en Viveiro e na comarca. Propón o BNG nas súas emendas un novo modelo de Atención Primaria que garanta unha atención sanitaria de calidade e proximidade. Demandan así mesmo nas emendas relacionadas coa sanidade un Plan de Atención á Saúde Mental e prevención do suicidio, así como Áreas de saúde de unidade de hospitalización infanto-xuvenil; recuperar o segundo técnico na ambulancia medicalizada, e dotar un PAC na comarca con urxencias pediátricas.
Referíuse tamén a tenente de alcaldesa de Viveiro á necesidade da creación dunha Nova Unidade Xudicial de Violencia sobre a Muller en Viveiro que xustifica a emenda presentada ao respecto.
Mario Pillado referíuse tamén á emenda que propuxeron desde Burela, que é que a Unidade de Atención á Drogdependencia, agora costeada polo concello sexa asumida polo SERGAS.
Plan de reactivación para A Mariña
Nesta emenda proponse u Plan de Reactivación para A Mariña no que participen concellos , Xunta e Estado, dada a situación á que se ve abocada a comarca nos últimos anos sen que ningunha administración actúe. E neste sentido proponen unha vez máis a intervención de Alcoa con participación do goberno do estado e da Xunta, demandando que esta consigne nestes orzamentos 10.000.000€, tal como demandou o comité de empresa na reunión mantida con eles. Tamén para a recuperación da comarca é clave o desenvolmento de solo industrial e por eso o Bng propón desenvolver a terceira fase do Parque Empresarial de Barreiros e iniciar os polígonos de O Valadouro, Riotorto e Muras. Vinculado a todo esto está a creacion da Empresa Pública Galega de Enerxía que proponen tamén desde a formación nacionalista.
Infraestruturas para o desenvolvemento económico
Unha vez máis, a VAP Costa Norte San Cibrao-Ferrol queda reducida a números en papel con cantidades escasas para levala adiante nesta década, por eso o Bng urxe o necesario compromiso orzamentario. “En 15 anos o PP leva feito 15 km co cal sae a 1km por ano, polo tanto de seguir a este ritmo e tendo en conta que a VAP tén 90 km tardarían en rematala 90 anos” afirmou o responsable comarcal Antonio Veiga.
Volve tamén ao Parlamento unha vella demanda incumprida do sector do mar en Foz que é a remodelación da dársena do peirao de Tupide e a modificación da bocana de entrada.
Outra das infraestruturas demandadas e a EDAR de San Miguel de Reinante en Barreiros, nun concello de pouco máis de 3.000 habitantes pero que en época estival multiplica considerablemente a súa poboación. Tamen a mellora da rede de abastecemento de auga en Xove vai recollida nas propostas de emendas.
Vivenda
Neste tema desde o BNG propón a nivel nacional a promoción ou adquisición pública de vivendas nos sistemas urbanos intermedios en diversas comarcas, e entre elas A Mariña, con especial atención aos nodos e ás zonas de saturación de Vivendas de Uso Turístico.
Actuacións medioambientais
Continúan as emendas con diversas propostas de actuacións medioambientais no Río Baos (creación de senda fluvial e limpeza do encoro de captación de auga para consumo) e no Río Masma donde se demanda a rexeneración do mesmo e o seu entorno.
Centro de día
Servizos coma o Centro de Día de Lourenzá para o que se pide a súa reparación e rehabilitación con melloras no sistema de aillamento é outra das demandas presentadas hoxe.