InicioOrientalRibadeoAprobado por maioría o proceso de remodelación de ACISA Ribadeo

Aprobado por maioría o proceso de remodelación de ACISA Ribadeo

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, destaca que “a participación neste proceso foi moi elevada, foi de récord, e iso é moi importante. Cuantos máis participemos e pronunciémonos sobre o devir da asociación moito mellor”

Publicada o

- Advertisement -

Aprobadas por maioría todas as propostas do proceso de remodelación, modernización e actualización de cotas que desde a directiva de Acisa Ribadeo presentaron aos seus socios. A asemblea xeral extraordinaria celebrouse na tarde de onte no Cinema Teatro.

A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, sinala que “como xa dixemos no seu momento, tras meses de deliberación interna queriamos afrontar unha remodelación da nosa entidade, que criamos moi necesaria para o seu bo funcionamento. Para iso, no día onte celebrouse a asemblea xeral extraordinaria onde se explicaron, debateron e votaron todas as propostas que obtiveron unha aprobación e respaldo maioritarios, apoio que agradecemos en nome da directiva e da xerencia de Acisa Ribadeo. Tras esta remodelación hai un importante traballo detrás, que o único que persegue é que Acisa siga crecendo, siga sendo unha gran asociación e un referente no asociacionismo”.

O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, anuncia os resultados dos asuntos tratados: “sobre a proposta de modificación de estatutos, foron emitidos 130 votos, dos que 127 foron afirmativos e 3 negativos, representando en porcentaxe os 97,69 % positivos e os 2,21 % negativos. E por tanto a modificación foi aprobada por maioría. Sobre a proposta de actualización de cotas da entidade, foron emitidos 130 votos, dos que foron 114 afirmativos e 16 negativos, representando en porcentaxe o 87,69 % positivo e o 12,31 % negativo. Por tanto, a actualización de cotas supoñerá un incremento de 60 €/ano para os sectores comercial e hostaleiro e de 24 €/ano para o sector servizos, así como os réximes especiais para propietarios de varios negocios foron aprobados por maioría. Sobre a modificación do sistema de cobranza de cotas e da política de devolucións, foron emitidos 130 votos, dos cales foron 99 afirmativos e 31 negativos, representando en porcentaxe o 76,15 % positivo e o 23,85 % negativo. Por tanto, o período de cobranza das cotas, pasa de ser de mensual a semestral, nos meses de xaneiro e xullo, sendo ratificado tamén por unha ampla maioría”.

Pérez Prada lembra que “como se anunciou na convocatoria era necesario que votasen polo menos o 55% dos socios e finalmente neste proceso votaron o 79,75 % representando a 130 asociados do total de 163 membros da entidade. E as propostas debían de ser aprobadas por polo menos 2/3 dos votos emitidos, é dicir, neste caso necesitábanse polo menos 87 votos afirmativos por proposta e todas elas foron aprobadas por unha maioría folgada sobre iso mínimo”.

A presidenta de Acisa destaca que “a participación neste proceso foi moi elevada, foi de récord, e iso é moi importante. Cuantos máis participemos e pronunciémonos sobre o devir da asociación moito mellor”.

Cruzado Iglesias comenta que “á parte das votacións, que eran os puntos máis relevantes desta asemblea, tamén se informou da situación económica e o estado da asociación da nosa entidade e da proposta de orzamentos para o 2025, que irán á Asemblea Ordinaria do próximo ano, para a súa aprobación con novas actividades, materiais e accións a ofrecer aos socios e socias de Acisa Ribadeo”.

Presidenta e xerente engaden: “queremos mostrar o noso agradecemento a todos e todas as socias por participar nestas votacións tan importantes para a nosa entidade, aos que votaron afirmativamente e aos que dixeron que non. A todos pedímoslles que sigan confiando en nós e no noso traballo. As medidas aprobadas implicarán cambios nas actividades e nos servizos que Acisa ofrecerá ao longo de 2025, que consideramos serán positivos para todos nós”.

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...