InicioEconomíaAlcoa lamenta que o Comité de empresa non acuda á reunión do...

Alcoa lamenta que o Comité de empresa non acuda á reunión do mércores 27 en Madrid

En cambio, o comité quéixase de que segue sen convocarse a reunión de seguimento --con presenza tamén das administracións-- que debe realizarse trimestralmente e que está pendente desde o pasado mes de setembro

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa lamentou a posición do comité de empresa de San Cibrao “que dificulta o diálogo e a transmisión de información relevante” despois de que rexeitase asistir a unha reunión bilateral convocada pola empresa para este mércores, 27 de novembro, en Madrid.

De tal forma, a compañía propón unha nova data, o 2 de decembro, tamén en Madrid. Asegura que “é fundamental” celebrar este encontro presencialmente “tendo en conta da confidencialidade dos datos que Alcoa expuña compartir nesa reunión”

En cambio, o comité quéixase de que segue sen convocarse a reunión de seguimento –con presenza tamén das administracións– que debe realizarse trimestralmente e que está pendente desde o pasado mes de setembro.

Agrega que se Alcoa ten algunha información adicional á achegada na última reunión cos traballadores do pasado 6 de novembro: “Poden transmitila xa sexa en persoa na fábrica, como o fixeron o 6 de novembro, ou por vía telemática ou enviándonos a información directamente por correo electrónico”.

Con todo, Alcoa defende que estas convocatorias que fai entre empresa e traballadores “son compatibles con calquera reunión adicional que se fose a convocar coas administracións”.

O pasado sábado, o comité de Alcoa retomou as mobilizacións, cun corte da A-8 en Ribadeo, ao entender que se está incumprindo o acordo de viabilidade. Todo iso despois de que Alcoa alcanzase un principio de acordo con Ignis Eqt para que esta última invista 25 millóns no complexo de San Cibrao, o que suporía unha achega do 25% nun investimento de 75 millóns por parte da multinacional estadounidense do aluminio, para un global de 100 millóns entre ambas.

O 6 de novembro, comité e Alcoa celebraron un encontro bilateral na Mariña, onde a empresa lles ratificou que achegará 100 millóns adicionais a eses 100 millóns de fluxo de caixa. Tamén se garantiu a continuidade da produción da refinaría, ademais dun arranque do, como mínimo, 75% das cubas en 2025.

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...

O X Festival de Jazz e Blues de Ribadeo finaliza esta fin de semana

A décima edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo rematará esta fin...