InicioEconomíaProtesta dos inspectores pesqueiros en Celeiro para pedir melloras laborais

Protesta dos inspectores pesqueiros en Celeiro para pedir melloras laborais

Publicada o

- Advertisement -

Inspectores pesqueiros, convocados polos sindicatos, realizaron unha protesta este sábado en Celeiro, municipio de Viveiro, para esixir mellores condicións laborais.

Os sindicatos CC.OO., CSIF, UGT, CIG e O fixeron esta mobilización ante a confraría de pescadores nunha xornada na que a secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, acudiu ás XXVIII Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro.

Denuncian que a instrución de horarios, que se atopa xudicializada e foi imposta “unilateralmente” polo Ministerio de Pesca, non é eficaz para controlar adecuadamente as frotas con maior risco de incumprimento.

“Ademais de ineficaz e ineficiente, supón un desperdicio de diñeiro público”, reprochan os sindicatos, xa que moitas inspeccións prográmanse en horarios en que non hai actividade pesqueira e, pola contra, non están presentes nos momentos con maior necesidade de control.

Isto tamén produce o “desaxuste” na presión realizada pola inspección, cunha “sobreinspección” das frotas que máis cumpren a normativa, mentres que as que presentan maiores riscos de incumprimento ven sometidas a menor control.

Por parte do colectivo de inspectores de pesca tamén protestan para o recoñecemento do seu labor profesional, así como para pedir melloras laborais e retributivas acordes ao seu traballo. Os sindicatos non descartan convocar unha folga para instar o Goberno de España a considerar as súas peticións.

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...

O X Festival de Jazz e Blues de Ribadeo finaliza esta fin de semana

A décima edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo rematará esta fin...