InicioEconomíaTraballadores de Alcoa cortaron a autovía A-8 en protesta polo incumprimento do...

Traballadores de Alcoa cortaron a autovía A-8 en protesta polo incumprimento do plan de viabilidade

Os traballadores continúan coa súa reivindicación de que se convoque a mesa de seguimento do acordo que afecta á planta tras incumprirse o prazo de encontro do último trimestre

Publicada o

- Advertisement -

Uanh protesta de centos de traballadores de Alcoa San Cibrao cortou durante uns minutos a autovía A-8 á altura de Ribadeo, que une Galicia con Asturias, na mañá deste sábado.

Os traballadores acusan á compañía de incumprir o acordo de viabilidade. Así, concentráronse ás 11,30 horas na estación de autobuses de Ribadeo para dirixirse á autovía, onde entraron con valos, bengalas e lanzamento de petardos para proceder ao peche temporal.

Esta mobilización produciuse cunha forte presenza de axentes da Garda Civil que impediron unha queima prevista de varios pneumáticos.

Durante a protesta lanzáronse cánticos como ‘A Mariña está en loita’, ‘A solución: a intervención’ e ‘Sen industria non hai futuro’. “Non imos dobrar, se non é polas boas, é polas malas”, clamou o presidente do comité de Alcoa, José Antonio Zan.

Na protesta puidéronse ver bonecos de Pedro Sánchez e Alfonso Rueda á vez que se lanzaron diversos berros contra Goberno central e Xunta. Anuncian que continuarán coas súas mobilizacións en próximas semanas en lugares como Xove.

Os traballadores continúan coa súa reivindicación de que se convoque a mesa de seguimento do acordo que afecta á planta tras incumprirse o prazo de encontro do último trimestre.

Todo iso despois de que Alcoa alcanzase un principio de acordo con Ignis Eqt para que esta última invista 25 millóns no complexo de San Cibrao, o que supoñería unha achega do 25% nun investimento de 75 millóns por parte da multinacional estadounidense do aluminio, para un global de 100 millóns entre ambas.

O pasado 6 de novembro, comité e Alcoa celebraron un encontro bilateral na Mariña, onde a empresa lles ratificou que achegará 100 millóns adicionais a eses 100 millóns de fluxo de caixa. Tamén se garantiu a continuidade da produción da refinería, ademais dun arranque do, como mínimo, 75% das cubas en 2025.

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...

O X Festival de Jazz e Blues de Ribadeo finaliza esta fin de semana

A décima edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo rematará esta fin...