InicioEconomíaTraballadores da Mariña volven saír a rúa para pedir solucións viables ao...

Traballadores da Mariña volven saír a rúa para pedir solucións viables ao futuro de Alcoa

Publicada o

- Advertisement -

Traballadores de Alcoa concentráronse na tarde deste mércores na Praza do Museo do Mar de San Cibrao para reclamar a implicación do Goberno central e da Xunta ante o “reiterado incumprimento dos acordos” e esixir que se convoque “de inmediato” a mesa de seguimento para “buscar solucións que garantan o futuro industrial e a continuidade de todos os empregos” de acordo co plan de viabilidade.Así, os traballadores pediron aos gobernos central e autonómico que esixan á empresa a concretar os pactos adquiridos por todas as partes e reclamaron durante a protesta o compromiso por parte do Goberno do Estado de que intervirá a factoría no caso de que exista ameaza de peche.O comité de Alcoa acordou nun pleno o pasado 18 de outubro “incrementar e recrudecer” as mobilizacións xa programadas e que arrincaron coa concentración deste mércores en San Cibrao, onde está asentada a fábrica.No mesmo encontro, os representantes dos traballadores acordaron non acudir ao encontro que a empresa convocara a semana seguinte, esixindo que o encontro se celebrase no marco da mesa de seguimento do plan de viabilidade que reclaman desde setembro. Esta mesa, denuncian, debería celebrarse no terceiro trimestre.Tras estes pasos, Alcoa volveu convocar ao comité de empresa para unha reunión, esta vez nas instalacións de San Cibrao, o próximo 6 de novembro, un encontro ao que os traballadores esixen que asistan, “xa sexa presencialmente ou por videoconferencia”, tanto a Xunta como o Goberno central para “coñecer cal é o alcance dos posibles acordos entre Alcoa e as administracións”.

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...