InicioEconomíaA pescada do pincho de Celeiro faise oco en Santiago e Xixón

A pescada do pincho de Celeiro faise oco en Santiago e Xixón

A presenza do produto nas xornadas gastronómicas de Oca Hoteles dará a coñecer Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

A merluza do pincho de Celeiro protagonizará na vindeira semana dúas xornadas gastronómicas -unha en Santiago de Compostela, outra en Xixón– que organiza o grupo Oca Hoteles. A presenza do produto nos dous eventos, cociñado en diversas receitas, servirá tamén para dar a coñecer o potencial turístico do Concello de Viveiro.

O grupo hostaleiro, dirixido por Ramón Braña, a sociedade de armadores Puerto de Celeiro e o goberno local traballaron en conxunto para que nos dous foros podan lucir tanto a calidade da pescada celeiresa coma os encantos que o municipio ofrece ao turista. Unha representación encabezada pola alcaldesa, María Loureiro; Jesús Fernández, edil de mar; e Marisol Rey, concelleira de turismo, acudiu ás presentacións das xornadas.

DISTINTIVOS DE CALIDADE

A rexedora fixo un percorrido polos distintivos de calidade e premios que colleitou a pescada do pincho de Celeiro, entre eles a certificación medioambiental Friend of The Sea para toda a flota do palangre. “Coa organización destas xornadas queremos promover este produto e dar a coñecer Viveiro, un municipio con numerosos recursos naturais e patrimoniais”, asegurou Loureiro.

ÚLTIMAS

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Burela pide cautela ante a vaga de roubos na comarca e concello e non dificultar o traballo dos axentes

A vaga de roubos notificada nos últimos días en diversos puntos da comarca da...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...