InicioEconomíaO comité de Alcoa alerta de despedimentos por parte da multinacional

O comité de Alcoa alerta de despedimentos por parte da multinacional

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, advertiu dos despedimentos que “pretende realizar” a empresa, se cumpre o “plan unilateral que incumpre o acordo asinado”, son os de “todo o persoal” que tería asegurado o traballo ao facerse o forno de cocción.

“Nós cando pactamos realizar o forno de cocción era para dar durante tres catro anos máis traballo ás empresas exteriores desde o 2025 ao 2028 ou máis”, detallou este sábado nun comunicado.

Así mesmo, explicou que sobre a reunión prevista para o vindeiro xoves, convocada pola empresa, á que non irá o comité de empresa “non é a reunión de seguimento que está asinada e que ten que facer cada trimestre”.

“Non haberá ningunha Administración, nin hai sindicatos, nin hai ninguén máis que unha representación do comité de empresa e a empresa. O cal non é o que temos asinado”, puntualizou Zan.

ÚLTIMAS

Alcoa di que achegará 120 millóns mentres o persoal pide seguridade nos postos de traballo

O comité de Alcoa San Cibrao informa de que a compañía lles trasladou que...

Foz elixe esta fin de semana o rei ou raíña do Entroido

Esta fin de semana o concello de Foz está cargado de actividade, con teatro...

As Festas de San Roque xa teñen comisión

O Concello de Viveiro celebra que unha comisión se encargue da organización das festas...

A Biblioteca Viejo Pancho de Ribadeo galardoada no concurso María Moliner

A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, resultou galardoada no Concurso de Proxectos...