InicioSucesosO desbloqueo do dique de abrigo de Xove terá unha partida orzamentaria...

O desbloqueo do dique de abrigo de Xove terá unha partida orzamentaria específica da Xunta para 2025

Villares informou de que Portos de Galicia recibiu, despois de anos de tramitación administrativa, o informe inicial de adscrición dos terreos do Estado á Xunta.

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, traballa na finalización do proxecto construtivo do dique de abrigo do porto de Morás, en Xove, que en 2025 contará cunha partida orzamentaria específica. Así o detallou este sábado o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, durante a súa visita á localidade onde ratificou o compromiso da Xunta con esta infraestrutura que dará resposta a unha demanda histórica do sector.

Villares informou de que Portos de Galicia recibiu, despois de anos de tramitación administrativa, o informe inicial de adscrición dos terreos do Estado á Xunta. O documento, explicou a Xunta nun comunicado, permite ao Executivo autonómico iniciar a tramitación necesaria para incorporar a titularidade dos terreos á Administración autonómica e desbloquear finalmente o proxecto de construción do dique, cuxo estudo de alternativas data de 2006. Tras recibir o informe, o conselleiro do Mar incidiu no compromiso da Xunta con esta actuación que, asegurou, contará con partida orzamentaria específica de Portos de Galicia para 2025.

ÚLTIMAS

Rescatan unha muller despois de caer ao mar co coche que conducía en Burela

Unha muller foi rescatada este mércores tras caer ao mar o coche que conducía...

Viveiro modernizará o seu padrón municipal para facilitar os trámites administrativos á veciñanza

O concelleiro Jesús Fernández, en representación do Concello de Viveiro, asinou un convenio de...

A empresa pública estatal ACUAES permitirá financiar a depuradora de San Miguel en Barreiros

A Secretaría de Estado de Medio Ambiente, dirixida por Hugo Morán, comprometeu onte o...

Ribadeo realiza obras de seguridade e accesibilidade na praza Pancho Maseda

Ribadeo aposta por mellorar a accesibilidade e a seguridade de prazas e espazos públicos....