InicioEconomíaPersoal sanitario da Mariña rexeita as palabras do xefe de pneumoloxía do...

Persoal sanitario da Mariña rexeita as palabras do xefe de pneumoloxía do HULA

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Persoal do Distrito Sanitario da Mariña rexeita as declaracións efectuadas polo xefe de Pneumoloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula), Luís Pérez de Lallo, nas que asegura que hai “baixistas” profesionais entre os facultativos.

Así, nun comunicaco a Xunta de Persoal do Distrito Sanitario da Mariña mostrou o seu apoio “a todos os profesionais de atención primaria e atención hospitalaria e rexeita as declaracións e moi graves acusacións do Xefe de Pneumoloxía do HULA”.

Desde a Xunta de Persoal anuncia que vai estar sempre co sistema sanitario público galego, “esixindo que se respecte a profesionalidade dos traballadores e traballadoras, que se ofrezan unhas condicións de traballo dignas”. Ademais, reclaman unha dotación de recursos necesarios para manter “un sistema imprescindible para unha sociedade democrática que poida dar servizo de calidade a todas as persoas, sen deixar a ninguén atrás”.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...