InicioEconomíaO PP pregunta ao Goberno se interviría Alcoa e se vai autorizar...

O PP pregunta ao Goberno se interviría Alcoa e se vai autorizar os eólicos para dar enerxía

O senador 'popular', José Manuel Balseiro, “o certo é que o Executivo ten marxe para poñer a disposición instrumentos públicos de apoio a esta industria como, por exemplo, aumentar ata o máximo permitido pola UE a compensación de custes indirectos de CO2”

Publicada o

- Advertisement -

Os senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- lamentan que “o Goberno de Pedro Sánchez non responda a dúas cuestións clave en relación a Alcoa: se ten previsto autorizar os parques eólicos (que xa contan cos permisos da Xunta) para dar enerxía á planta a prezos competitivos e se está disposto a intervir temporalmente a planta se fora necesario”.

Balseiro incide, ademais, en que “o Executivo só respondeu a 2 das 4 preguntas formuladas”. E engade que “o propio Goberno recoñece que obter un prezo da enerxía competitivo contribúe á viabilidade da planta de San Cibrao” e que “todas as decisións das administracións públicas se deben orientar a conseguir que Alcoa formule unha proposta para alcanzar a viabilidade das plantas”; pero “evita responder sobre a axilización dos trámites necesarios para autorizar, canto antes, os parques eólicos vinculados ás PPAs subscritas pola empresa con eléctricas para garantir a efectividade e o subministro do complexo industrial”.

Tampouco responde sobre a súa disposición a activar, se fora necesario, a intervención pública instrumental e temporal de Alcoa para, a través da SEPI como instrumento intermedio, buscar un operador fiable que presente un proxecto industrial, solvente e así garantir a actividade e manter todos os postos de traballo.

O senador mariñán aclara, ademais, que “o Goberno de Sánchez asegura que puxo en marcha instrumentos de apoio ás empresas grandes consumidoras de enerxía”; pero “o certo é que o Executivo ten marxe para poñer a disposición instrumentos públicos de apoio a esta industria como, por exemplo, aumentar ata o máximo permitido pola UE a compensación de custes indirectos de CO2”. Así mesmo, sinala que “o Goberno fale do PERTE de Descarbonización Industrial”; pero, “no seu momento, non lle foi concedido a Alcoa”.

O popular lembra que “a continuidade da actividade e o futuro de Alcoa está en entredito” ante a “incapacidade do Goberno de España por garantir un marco enerxético estable que lle permita á planta de San Ciprián, a única fábrica de aluminio primario en España, competir en igualdade de condicións co resto de plantas doutros países de Europa”.

ÚLTIMAS

Foz inviste case 98.000 euros en mellorar camiños de San Martiño e Santa Cilla

O Concello de Foz iniciou os traballos de arranxo de camiños nas parroquias de...

Burela levará a pleno unha nova ordenanza sobre venda ambulante

O Concello de Burela debatirá no vindeiro pleno municipal o texto dunha nova Ordenanza...

Festa labrega en Landrove para este venres coas Olimpiadas Rurais

A parroquia de Landrove será o escenario esta fin de semana da VIII edición...

O comité de Alcoa retomará mobilizacións

O comité de empresa de Alcoa retomará mobilizacións ante a ameaza de despedimentos en...