InicioEconomíaA Deputación de Lugo asina un convenio para impulsar a formación de...

A Deputación de Lugo asina un convenio para impulsar a formación de redeiras

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de colaboración coa presidenta da Unión de Traballadores Autónomos do Transporte, o Mar e as Comunicacións de Galicia, María Dolores Somoza, que ascende a preto de 39.000 euros para dar un novo impulso á formación de redeiras.

A institución provincial renova, por cuarto ano consecutivo, este acordo que mantén con entidade co obxectivo de garantir e substitución xeracional e fomentar o autoemprego feminino, mediante unha acción formativa especializada na creación de empresas vinculadas a esta profesión.

José Tomé subliñou a importancia desta colaboración que contribúa ao desenvolvemento desta actividade fundamental no sector pesqueiro xa que supón unha “alta porcentaxe” de empregabilidade feminina, xa que o 85% das persoas rexistradas no réxime especial do mar son mulleres.

Polo que, recalcou que é un “novo paso” no compromiso da institución provincial coa formación a apoio ás mulleres que queren desenvolver a súa carreira no sector pesqueiro.

ÚLTIMAS

Foz acende este xoves 5 de decembro o alumeado de Nadal

O Concello de Foz ten preparadas moitas actividades e sorpresas para este Nadal, que...

Ribadeo comeza as obras de mellora da Estrada da Costa

Deron comezo as obras de mellora da estrada da costa, que suporán un investimento...

Lucía Freitas, galardaoada co Primeiro Premio Merlín polo proxecto “Amas da Terra”

A cociñeira Lucía Freitas é a gañadora da primeira edición do Premio Merlín polo...

Comezan as obras de mellora do punto limpo de Viveiro

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro informa de que xa comezaron as obras de...