InicioEconomíaJosé Antonio Zan: "Alcoa fai un paripé coa venda de San Cibrao...

José Antonio Zan: “Alcoa fai un paripé coa venda de San Cibrao para aumentar os ingresos”

"Fomos a Madrid para nada. Tomounos o pelo a nós e aos gobernos", critica.

Publicada o

- Advertisement -

O responsable de Comisións Obreiras en Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, cre que a compañía estadounidense “fai un paripé” coa venda do complexo mariñán para “alongar o proceso” nun momento no que as condicións do mercado enerxético permítenlles aumentar os “ingresos”.

Así o manifestou un vídeo difundido aos medios tras a reunión de seguimento –con representantes de administracións, empresa e traballadores– celebrada en Madrid na que Alcoa trasladou que recibira o interese de seis empresas para a compra do complexo da Mariña lucense, no marco do proceso aberto para a súa venda.

“Fomos a Madrid para nada. Para que Alcoa volva tomarnos o pelo a nós e aos gobernos”, dixo o representante de Comisións, que considera que Alcoa “non quere vender” e actúa “con mala fe” para “enganar a todos” e “dicir agora que a mediados de xuño non hai comprador”.

Zan cre que, con isto, a compañía con sede en Pittsburg (Estados Unidos) pretende “alongar o proceso” polas condicións do mercado enerxético actual permítelles aumentar beneficios. “Á única que lle beneficia alongar os tempos é a Alcoa”, apostilou antes de pór o foco en Xunta e Goberno, aos que apela a “non permitir” que a compañía “lles siga tomando o pelo”.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...