InicioEconomíaFuturo "incerto" para Alcoa

Futuro “incerto” para Alcoa

A empresa di que segue avaliando posibles solucións, pero admite dificultades para a viabilidade da factoría.

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa insiste en que o resultado do proceso de venda do complexo de San Cibrao, no municipio de Cervo (Lugo), “é incerto“. Actualmente, atópase avaliando as ofertas non vinculantes recibidas, cuxos detalles sinala que son confidenciais. Nun comunicado, a compañía indica que foi actualizando a información ao comité e traballadores nos últimos días. Así, destaca que enfronta “desafíos importantes” e que busca “unha solución que asegure a viabilidade económica a longo prazo das plantas”.

Apunta que se traballa en dous escenarios: que Alcoa continúe operando o complexo ou explorar unha potencial venda. “Seguimos traballando na vía de que Alcoa continúe operando o complexo, o que inclúe a procura de subministracións de enerxía competitivos, e traballar en aspectos técnicos clave como asegurar o permiso para o recrecido do depósito de lodos, entre outras accións”, afirmou.

A multinacional do aluminio incide en que só se considerará a venda “baixo unhas condicións específicas”. Esas condicións pasan por: “Fortaleza financeira e capacidades técnicas para asegurar a continuidade da operación; demostrar as garantías adecuadas para cubrir futuras continxencias ou responsabilidades; vontade de aceptar todas as obrigacións e responsabilidades vinculadas ao negocio, incluíndo o acordo de viabilidade, o acordo de convenio colectivo, as responsabilidades ambientais, acordos con provedores, clientes e outros; capacidade de levar a cabo un proceso de dilixencia debida (due-diligence) de maneira adecuada”.

O COMITÉ ACUSA Á EMPRESA DE “DESPREZAR” AOS TRABALLADORES

Pola súa banda, o comité de Alcoa acusa á empresa de estar “a desprezar” á hora de informar o proceso de venda do complexo da Mariña. Nun comunicado, o comité de Alcoa informa de que, o pasado 24 de maio, solicitou unha reunión “urxente” da mesa de seguimento a “raíz das últimas noticias de Alcoa publicadas en prensa”. O comité de empresa asegura que non dispón de “información suficiente para facer unha valoración” do comunicado que emitiu Alcoa este mesmo mércores.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...