InicioEconomíaAlcoa analiza ofertas non vinculantes de posibles compradores

Alcoa analiza ofertas non vinculantes de posibles compradores

Alcoa recibiu en maio ofertas non vinculantes, as cales serán vinculantes a partir de xuño, segundo a estimación realizada pola compañía nos últimos meses

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa atópase analizando ofertas non vinculantes de “potenciais interesados” recibidas polo complexo de San Cibrao, no municipio de Cervo.

“Só consideramos efectuar unha venda baixo condicións específicas que permitan unha transferencia exitosa do complexo e que inclúa garantías tanto para os traballadores como para Alcoa“, segundo explican fontes da compañía a Europa Press.

Tal e como estaba previsto, Alcoa recibiu en maio ofertas non vinculantes, as cales serán vinculantes a partir de xuño, segundo a estimación realizada pola compañía nos últimos meses.

“Estamos comprometidos a seguir traballando xunto a todos as partes implicadas para atopar unha solución que asegure a viabilidade económica a longo prazo das operacións en San Cibrao”, expoñen as mesmas fontes. Polo momento aseguran que os detalles se manterán confidenciais e informarase “ao seu debido tempo aos implicados no proceso”.

A pasada semana, o presidente de Alcoa, William Oplinger, advertiu de que “o éxito” de venda “depende da participación do Goberno e da flexibilidade dos sindicatos”.

Igualmente, expuxo que “o negocio segue sendo inviable” en San Cibrao, cun potencial de aforro “limitado a curto e medio prazo“. E é que “se espera que o efectivo se esgote na segunda metade de 2024” e incidía en que “Alcoa non achegará fondos adicionais”.

ÚLTIMAS

Carlos López, Biathle: “A idea é fomentar que os máis novos sintan atracción polo pentathlon”

-Por que se escolleu San Cibrao para levar adiante estas probas de Biatle-Triathle? Xa se...

Tsunami de ‘metal’ na Mariña co Resurrection Fest para a vindeira semana

A decimonovena edición do Resurrection Fest, o festival de metal, rock, punk e hardcore...

Cinco alumnos do IES de Foz foron convocados para a Megabau na Coruña

Cinco alumnos do IES de Foz foron convocados este venres (21 de xuño) para...

Lourenzá abre unha exposición arredor dos campos de concentración nazis

A Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá alberga unha mostra sobre os campos...