InicioEconomíaO comité de Alcoa e administracións crearán mesas técnicas sobre parques eólicos...

O comité de Alcoa e administracións crearán mesas técnicas sobre parques eólicos e a balsa de lodos

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao, no municipio de Cervo, acordou con administracións a creación de mesas técnicas de seguimento para supervisar os avances en futuros parques eólicos e a ampliación da balsa de lodos (DBR).

Segundo informan os representantes dos traballadores nun comunicado, “durante as últimas datas establecéronse contactos co Goberno de España e coa Xunta de Galicia, froito dos cales quedou claro que o interese dos gobernos e o comité é coincidente en manter a actividade do complexo industrial en San Cibrao”.

Todo iso nunha semana na que Alcoa informou de que perde 237 millóns ata marzo e que seguirá adiante coa venda do complexo de San Cibrao, para o que prevé ter ofertas vinculantes en xuño.

Así mesmo, esta semana, o presidente o comité de Alcoa, José Antonio Zan, pediu que “entre a SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais)” de accionista, “como está a facer en Telefónica ou Talgo”, de forma que “acompañe ao comprador industrial” e que quede con entre o 20% e o 30% das participacións, o que permitiría ao Goberno ter asento no consello de administración para asegurar que se fan investimentos e se aposta pola viabilidade.

ÚLTIMAS

Esixen á Xunta de Persoal demostrar que son os convocantes das concentracións no Hospital de Burela

A Dirección do Hospital esixe por escrito que a Xunta de Persoal demostre que...

Política Social non aborda os problemas de Foz no Parlamento

A conselleira de Política Social, Fabiola García, en resposta a unha pregunta parlamentaria da...

A Praza de Abastos de Viveiro recibe máis de 47.000 euros para a súa revitalización

O Concello de Viveiro recibiu unha axuda de 47.702,40 euros da Consellería de Emprego,...

Deteñen na estación de bus de Viveiro ao atracador dun banco en Burela

A Garda Civil detivo a un home na estación de autobuses de Viveiro como o presunto responsable...