InicioEconomíaCervo e Xove esperan que a mesa de seguemento de Alcoa dea...

Cervo e Xove esperan que a mesa de seguemento de Alcoa dea certezas sobre a fábrica

Publicada o

- Advertisement -


A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e o rexedor de Xove, Demetrio Salgueiro, mantiveron esta mañá un encontro na Casa Consistorial para afondar na situación actual da empresa Alcoa coincidindo na preocupación “polo futuro desta factoría vital para toda a comarca da Mariña, cuxo futuro está en entredito, á vista das últimas novas que foron transcendendo”.


Os responsables de ambos concellos entenden que “A Mariña non se merece vivir nesta incertidume constante” e agardan, neste senso, que a mesa de seguimento de Alcoa que se celebrará mañá en Madrid, “traia por fin certezas á nosa bisbarra, e aos milleiros de traballadores directos e indirectos que dependen da fabricación do aluminio primario”.

España –apuntaron- “non pode permitirse o peche da última fábrica de aluminio primario do Estado, un metal de futuro, estratéxico e que contribúe ao desenvolvemento sostible”.
Neste senso, Caramés e Salgueiro solicítanlle ao Goberno de España “unha posición clara e contundente e que anuncie a súa dispoñibilidade para unha intervención inmediata –se fose o caso- para que poida continuar a súa fabricación con garantías”.


Do mesmo xeito tamén piden “responsabilidade á empresa”, e que cumpra cos acordos subscritos no seu momento “garantindo a continuidade de todos os postos de traballo tanto en Alcoa como nas empresas auxiliares”. Os dirixentes dos dous concellos veciños nos que está instalada a empresa, concluíron así mesmo durante a reunión desta mañá “solicitar ao Ministerio de Transición Ecolóxica que convoque de xeito inmediato – tal e como reclamaron de xeito reiterado os representantes dos traballadores- a mesa técnica para informar da evolución da tramitación dos proxectos de enerxías renovables que contribuirán a brindar un prezo da enerxía que poida facer viable a produción do aluminio”.

ÚLTIMAS

Ribadeo abre a inscrición para as actividades de verán

Do 20 o 24 de maio estará aberta a inscrición para participar nas actividades...

Viveiro conmemorou as Letras Galegas con actividades no Pastor Díaz

O Concello de Viveiro conmemorou o Día das Letras Galegas 2024 con múltiples actividades...

Comezan as I Xornadas da Cabala organizadas por ACISA Ribadeo

Arrincaron este venres en Ribadeo as Xornadas da Cabala, que organiza Acisa coa colaboración...

O xuíz do ‘caso Alcoa’ alonga seis meses máis a investigación sobre a venda das plantas da Coruña e Avilés

O xuíz da Audiencia Nacional que investiga a querela que presentou en 2020 a Confederación...