InicioEconomíaA CIG di que a única medida para salvar Alcoa é a...

A CIG di que a única medida para salvar Alcoa é a mobilización dos traballadores

Subliña que "o camiño" para que Alcoa "cumpra" pasa por que os gobernos "interveñan de forma activa".

Publicada o

- Advertisement -

CIG incidiu en que “o camiño” para que a multinacional Alcoa “cumpra” os seus compromisos coa planta de San Cibrao –en Cervo (Lugo)– pasa pola mobilización dos traballadores e que os gobernos en Galicia e o Estado “interveñan de forma activa“.

Este luns, delegados da CIG en Alcoa e os seus auxiliares participaron nunha asemblea á que tamén asistiu o secretario xeral da central nacionalista, Paulo Carril, quen apelou a “seguir o mesmo camiño que hai ano tres anos” para que a compañía con sede en Pittsburg “cumpra co acordo”.

Neste sentido e tras apelar á unidade do persoal da planta e os seus auxiliares, subliñou que este traballo debe estar acompañado pola “intervención de forma activa” das administracións, que, ao seu xuízo, foron “incapaces” ata o momento “de dar resposta ás ameazas de Alcoa“.

Así as cousas, a CIG reiterou as súas demandas para blindar o futuro da factoría de San Cibrao de crear unha figura de empresas “hiper-electrointensivas” e “garantir” a través do estatuto electrointensivo “a máxima compensación por CO2 permitida por Europa” para que quede desligada do PGE.

Así mesmo, tamén reclaman unha poxa de interrumpibilidade que sirva de “colchón” nos picos de consumo de enerxía, executar a “alegación” acordada no CES de Galicia para que exista unha bonificación directa na factura eléctrica do 30% para as actividades industriais e económicas ou modificar a factura eléctrica para “liberar das peaxes e cargos asociados ao transporte pola proximidade dos centros de consumo aos centros de produción”.

ÚLTIMAS

Morre tamén a nai da falecida no incendio do Valadouro

A muller de 77 anos trasladada ao Hospital da Mariña polas feridas sufridas no incendio...

ACISA Ribadeo anima ás empresas locais a unirse ao Bono Activa Comercio

Acisa anima ás empresas locais a adherirse ao Bono Activa Comercio da Xunta....

A CAMOVI de Viveiro será unha homenaxe a Ramón Blanco na edición deste ano

O Concello de Viveiro será esta próxima fin de semana o escenario dunha nova...

O sábado 20 de abril comeza a XVII Edición de Ribadeo de Tapeo

Este sábado, 20 de abril, dará comezo o XVII Ribadeo de Tapeo, un dos...