InicioEconomíaAPAGA comeza unha mobilidade de profesores en Chile

APAGA comeza unha mobilidade de profesores en Chile

O director de APAGA, Álvaro Doural, contou que “será unha semana de traballo intenso. Creo que é un primeiro paso para ir a outras zonas fora da Unión Europea".

Publicada o

- Advertisement -

Apaga (Asociación de Profesores e Automoción de Galicia) inicia por primeira vez unha mobilidade de profesores en Chile.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, subliñou que “é a primeira vez que saímos a outros países fora da Unión Europea. É a primeira mobilidade que facemos aquí, contactamos coa Universidade de Santiago de Chile, cunha serie de centros de Formación Profesional e con algunha asociación de empresas do sector do automóbil”.

Doural contou que “será unha semana de traballo intenso. Creo que é un primeiro paso para ir a outras zonas fora da Unión Europea. É unha acción que se puxo en marcha o ano pasado para que tanto profesoras como alumnos poidan saír da UE”.

O presidente de Apaga dixo que “para Apaga supón un impulso importante, créanse outras zonas de traballo, de intercambio de experiencias… Hispanoamérica ten a vantaxe do idioma, que é algo importante”.

Álvaro Doural engadiu: “a ver cómo nos sae. É un paso máis dentro do proceso de internacionalización da asociación. Neste momento temos xente en Portugal e en Italia. Recibiremos a uns turcos en xuño, que van estar na empresa Industrial Recense, da Pontenova. E agora cinco membros de Apaga estaremos en Chile desde hoxe e ata o venres desenvolvendo unha intensa axenda de traballo”.

ÚLTIMAS

As Festas do Carme en Porcillán contarán coa colaboración do Concello de Ribadeo

Do 19 ao 21 de xullo celébranse en Porcillán as festas do Carme, que...

Viveiro presenta unha APP que permite ver en 3D as antigas portas da vila

O Concello de Viveiro presentou esta mañá a súa nova APP, que permite experiencias...

X Edición da 1/2 km Vertical Monte Comado en Barreiros

O vindeiro domingo, 21 de xullo, Barreiros acollerá a décima edición da carreira popular...

As xornadas de Historia da Pomba do Arco en Foz abordarán desde a romanización até o nazismo

A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle entre 29 de xullo...