InicioEconomíaA Mancomunidade organiza unha xornada de formación en xeoturismo

A Mancomunidade organiza unha xornada de formación en xeoturismo

A xerente do Plan de Sostibilidade Turística, Tania Hermida, explica que “esta xornada formativa ten como obxectivo primordial a divulgación e posta en valor do patrimonio xeolóxico da Mariña entre os axentes locais implicados no desenvolvemento do turismo".

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro 13 de marzo terá lugar unha nova xornada de formación en xeoturismo, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. Estará destinada a anfitrións e xestores de turismo dos concellos.

A cita desenvolverase entre as 9:45 e as 19:00 horas no salón de conferencias, en Burela. O equipo docente estará formado por Fran Canosa, xeólogo e impulsor do turismo xeolóxico en Galicia, e Iván Rodríguez, doutor en xeoloxía e guía de xeoturismo.

A xerente do Plan de Sostibilidade Turística, Tania Hermida, explica que “esta xornada formativa ten como obxectivo primordial a divulgación e posta en valor do patrimonio xeolóxico da Mariña entre os axentes locais implicados no desenvolvemento do turismo, ben sexan do sector público, como técnicos das oficinas de turismo, xestores de turismo ou áreas relacionadas, etc. como do sector privado, persoal de aloxamentos, experiencias turísticas, etc. E así poidan contar cunhas nocións básicas sobre o turismo xeolóxico, o patrimonio e a xeoloxía da Mariña de cara a informar e atender aos turistas e visitantes ou valorar desenvolver actuacións de xeoturismo no seu ámbito”.

Deste xeito continúa o programa de Xeoturismo da Mancomunidade, que arrincaba o pasado mes de decembro, e que se enmarca no Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade – co apoio da Deputación de Lugo -, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

O programa de Xeoturismo incluirá tamén en marzo dúas novas saídas: a Xeoruta polo Pregue Xigante, de Barreiros, prevista para o 16 de marzo; e a Ruta entre Volcáns, polo Vicedo, que terá lugar o 23 deste mes. Ademais da xeo visita á Frouxeira o 9 de marzo, que estaba prevista para a última fin de semana de febreiro, pero foi aprazada por mor do mal tempo. A inscrición está aberta. Trátase de actividades gratuítas.

Toda a información sobre a formación e as distintas actividades programadas está dispoñible no enlace https://amarinalucense.gal/es/geoturismo.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...