InicioEconomíaO comité de Alcoa pídelle ao Goberno unha "saída definitiva" á fábrica...

O comité de Alcoa pídelle ao Goberno unha “saída definitiva” á fábrica ante a postura da multinacional

"Alcoa cada vez manda unhas mensaxes máis claras de que nin está nin se lle espera, nin conta con estar no futuro", di o presidente do comité.

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa en San Cibrao, municipio de Cervo, volveu a demandar por terceira vez ao Goberno central e á Xunta que se convoque de forma urxente unha nova reunión de seguimento para buscar “unha saída definitiva” á fábrica da Mariña.

Este martes, o presidente do comité de Alcoa, José Antonio Zan, criticou que este encontro entre administracións, empresa e representantes dos traballadores “xa leva tres semanas de atraso” desde a data comprometida da que será a décimo sétima reunión de seguimento.

Así, recrimina que “Alcoa cada vez manda unhas mensaxes máis claras de que nin está nin se lle espera, nin conta con estar no futuro”. Pide que “canto antes” sexa esa reunión co Goberno e a Xunta para “dar tranquilidade ao persoal e á comarca” sobre unha problemática que levan “catro anos sufrindo”.

Todo iso mentres Alcoa prevé ter esta semana un total de 16 cubas en funcionamento no marco do proceso de rearranque gradual das cubas, que levou a que a planta volvese a producir aluminio primario despois de dous anos. O acordo asinado cos traballadores pasa por ter 32 cubas a 1 de abril e continuar coa ampliación progresiva ata o pleno funcionamento en outubro de 2025.

Así mesmo, a compañía anunciou a pasada semana un acordo para a compra por máis de 2.000 millóns de euros en accións da australiana Alumina Limited, propietaria do 40% da refinaría de San Cibrao. Precisamente, o comité de empresa tamén pide unha reunión de seguimento da fábrica de alúmina, que leva desde novembro sen celebrarse, a pesar de que a compañía “se comprometeu” a realizala mensualmente.

A XUNTA PROPÓN TRES DATAS

Pola súa banda, a Xunta enviou un correo na mañá deste martes ao Goberno para propor tres datas da reunión de seguimento para a semana que vén: 11, 12 ou 15 de marzo. Fontes da Consellería de Economía explican a Europa Press explica que, tendo en conta que pasaron as eleccións autonómicas do 18 de febreiro, a Xunta dirixiuse á secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, nas últimas dúas semanas para concertar este encontro sen que se obtivo resposta.

ÚLTIMAS

ACISA presentou en Fitur ‘Ribadeo, o teu próximo destino’

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, desprazado a Madrid contou que “demos a coñecer...

O BNG acusa ao PP de votar en contra do reforzo a alumnos con necesidades no CEIP de Covas, en Viveiro

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, presentou no Parlamento de Galicia unha...

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Barreiros preséntase en Fitur como espazo de natureza e turismo activo

O concelleiro de Dinamización, Dani García, acudiu á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que...