InicioEconomíaOs bancos pesqueiros de Ribadeo xa contan con 4.000 exemplares xuvenís de...

Os bancos pesqueiros de Ribadeo xa contan con 4.000 exemplares xuvenís de ourizo de mar máis

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañou este martes aos investigadores do Centro de Cultivos Mariños (CIMA) de Ribadeo que entregaron ao colectivo de persoas mariscadoras da confraría deste municipio lucense unha partida de 4.000 unidades de xuvenís de ourizo de mar.

Esta iniciativa forma parte da acción de investigación ‘Mellora da produción de xuvenís de ourizo de mar en catividade’, que ten por obxectivo optimizar o período de preengorda de xuvenís con diferentes sistemas para acurtar o tempo que se necesita para o seu traslado ao medio natural. Esta actuación, que terminará en 2024, está financiada na súa totalidade pola Consellería do Mar e conta cun orzamento que supera os 125.321 euros e que se distribúe en catro anualidades.

A entrega deste lote de exemplares, dun tamaño medio de 10 milímetros, forma parte dunha camada que naceu en maio de 2023 nas instalacións da CIMA de Ribadeo. Desta partida, un lote de 5.000 individuos foi introducido xa en novembro de 2023 na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos en Lira, A Coruña.

Alfonso Villares, xunto coa directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, destacou a importancia da colaboración directa entre entidades do mundo da ciencia, como é o caso da CIMA, co sector produtivo á hora de contribuír a propiciar un incremento dos exemplares adultos que eleve a intensidade reprodutiva e que dea pé a incorporar mellores recrutamentos no medio mariño. Segundo o titular de Mar, con esta acción de investigación o que se pretende é conseguir que un recurso como o ourizo de mar quede protexido e garantir a súa dispoñibilidade ás organizacións e entidades pesqueiras participantes no proxecto.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...