InicioEconomíaUn ano despois do expediente aberto a un buque de Burela que...

Un ano despois do expediente aberto a un buque de Burela que cargaba 12.000 quilos de marraxo, a xustiza portuguesa arquiva o caso

O ditame coñeceuse xusto ao cumprirse un ano do seu inicio e considera que a conduta do patrón e do buque "non poden considerarse neglixentes nin ilícitas e que se debeu ás diferenzas na aplicación das normas entre España e Portugal".

Publicada o

- Advertisement -

O procedemento contra un buque espadero de Burela en Portugal quedou arquivado, segundo informa a Organización de Produtores Pesqueiros do citado porto. Nun comunicado, valora “de forma moi positiva o arquivo de todo o proceso sancionador iniciado hai un ano, en decembro de 2022, contra o buque ‘Playa de Ril’ por diferenzas na aplicación da normativa CITES entre España e Portugal por 12.231 quilogramos de marraxo dientuso procedentes do Atlántico Sur”.

“Un ano despois de iniciarse o procedemento, a resolución da xustiza portuguesa é absolutoria en todos os extremos e arquiva todo o proceso sancionador contra o buque pesqueiro galego e o seu patrón”, recalca a Organización de Produtores. O ditame coñeceuse xusto ao cumprirse un ano do seu inicio e considera que a conduta do patrón e do buque “non poden considerarse neglixentes nin ilícitas e que se debeu ás diferenzas na aplicación das normas entre España e Portugal”.

Ademais, a resolución aproveita para pedir ás autoridades CITES dos diferentes países da Comisión Europea que se coordinen nos seus procedementos. O pasado 22 de decembro de 2022 en Portugal iniciouse un expediente sancionador no porto de Peniche ao buque español ‘Playa de Ril’ por unha suposta infracción ambiental moi grave sancionable cunha multa de entre 10.000 e 100.000 euros ao patrón do buque e á empresa como responsable subsidiaria.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...