InicioEconomíaO comité de Alcoa solicita unha reunión "urxente" con Goberno e Xunta...

O comité de Alcoa solicita unha reunión “urxente” con Goberno e Xunta para coñeceer o estado dos parques eólicos para a planta

Así o apunta nun comunicado despois de que o pasado mércores a conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, anunciase no Parlamento que o Goberno lle comunicou á Xunta "a caducidade dos permisos de acceso de conexión do únicos cinco parques que tiñan DIA (declaración de impacto ambiental)" entre os que dependen do Executivo central.

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa solicita unha reunión “urxente” co Goberno central e a Xunta para aclarar o estado de tramitación dos parques eólicos para a planta de San Cibrao, en Cervo. Así o apunta nun comunicado despois de que o pasado mércores a conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, anunciase no Parlamento que o Goberno lle comunicou á Xunta “a caducidade dos permisos de acceso de conexión do únicos cinco parques que tiñan DIA (declaración de impacto ambiental)” entre os que dependen do Executivo central.

Respecto diso, o comité lembra que na última reunión de seguimento xa se emprazou a Goberno e Xunta a dar a coñecer “a potencia total de enerxía aprobada e a que non se aprobou”, “así como os motivos da devandita información negativa de cada parque“. Igualmente, asegura que, “de momento”, non contan con “ningún documento que acredite” que non se vaian a levar a cabo eses cinco parques, á espera de que as administracións lles trasladen a información. Por outra banda, o comité informa de que foron convocados para unha reunión co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para o próximo 28 de decembro, que se celebrará no edificio administrativo de San Caetano, Santiago.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...