InicioEconomíaMar aproba catro novos plans de xestión na Mariña, tres de anemones...

Mar aproba catro novos plans de xestión na Mariña, tres de anemones e un de ourizo

A provincia de Lugo contará con 16 autorizacións de explotación das 143 concedidas pola Xunta

Publicada o

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia publica este venres a orde dos plans de xestión de recursos específicos para 2019: percebe, solénidos (navalla e longueirón), equinodermos (ourizo de mar e holoturias), peneira, algas, anemones e poliquetos.

Dos 149 plans de xestión aprobados, A Mariña Lucense contará con 16: seis para percebe, cinco para ourizo, catro de anemone e un de poliquetos. Dos trece novos proxectos respecto do ano 2018, catro deles beneficiarán á bisbarra.

ANEMONES

No tocante aos anemones, a Xunta concedeu permiso a Ribadeo e San Cibrao para extraer o recurso a pé e autorización de mergullo á Asociación de Recolectores Submariños da Mariña (Aresmar).

Así, C. P. Ribadeo terá 10 días para faenar na zona de Xuncos, nos meses de xaneiro e febreiro, maio e xuño, e de setembro a novembro.

O C. P. San Cibrao gozará de 20 días na zona da Areosa, nos meses de outubro e novembro.

Finalmente, Aresmar poderá traballar durante un período de 60 días, de xuño a setembro, en lugares como Fuciño do Porco, do Vicedo, ou Os Farallóns, en San Cibrao.

OURIZO

Ademais, a Consellería de Mar aprobou o plan de xestión do ourizo proposto polas embarcacións da Asociación de Recolectores Submariños da Mariña.

Aresmar poderá faenar 60 días de xaneiro a abril e en novembro e decembro, en lugares como Punta Socastro, Os Farallóns, Punta Fazouro, Punta Nois ou Illa Pancha.

EMPREGO

Froito deste aumento dos programas para a extracción de recursos, a Consellería do Mar prevé xerar o próximo ano 79 novas prazas de recollida a pé e 75 para embarcacións, nas que traballarían 165 tripulantes.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...