O Pescados Rubén Burela FSF continúa como líder da Liga Foro 16 Feminismo despois de solventar (0-2) un partido complicado na pista do Ourense Envialia, que non coñecía a derrota na presente tempada.
Agás a derrota en La Estación, o Burela FSF estase a mostrar sólido fóra da casa e gañou noutro desprazamento difícil despois de derrotar na súa pista ao vixente campión, o Jimbée Roldán.
O derbi galego da xornada comezou cun retraso de tres horas por culpa dunha goteira no pavillón dos Remedios.
Se está trabajando para solucionar el tema en el Pabellón Municipal de Os Remedios, lo primero la seguridad de las jugadoras.
El partido podría jugarse alrededor de las 20:00 horas. @OUenvialiaFSF @burelafs @GALICIANGOLES @RadioGalega https://t.co/GjPG4cJlKE— Ourense CF (@Ourense_CF) December 15, 2018
O conxunto que adestran Julio Delgado e máis Lucas completou un partido serio ante un potente rival e levou os tres puntos grazas a dous tantos de Dany.
A pivote brasileira aproveitou unha asistencia de Peque no minuto 17 para abrir o marcador. A 3 do Pescados Rubén foi unha das xogadoras máis activas, cun disparo ao pau no minuto 5.
O Burela FSF tivo as mellores ocasións do encontro, pero atopouse coa categoría da veterana gardameta Vane. Ana Romero tamén demostrou a súa seguridade en varias oportunidades do Ourense, no que destacou a ex do Pescados Rubén Judith.
A falta de tres minutos, en desvantaxe, o Ourense Envialia tentouno con xogo de cinco, sen crear excesivo perigo. Ana Romero solventou a mellor oportunidade das locais e na mesma xogada Dany aproveitou os espazos para pechar o encontro co 0-2.
O FUTSI SEGUE FIRME
O Atlético Futsi Navalcarnero superou ao Poio Pescamar (6-4) e mantén a súa persecución das burelesas. O cadro madrileño é segundo a un só punto do conxunto laranxa.
VINDEIRA XORNADA
Na vindeira xornada, o cadro laranxa recibirá a visita do UCAM Murcia, sexto clasificado con 22 puntos.