InicioDeportesO Pescados Rubén FSF remonta un 0-2 e leva o derbi

O Pescados Rubén FSF remonta un 0-2 e leva o derbi

O equipo burelés aumentou a súa intensidade no segundo tempo e bateu ao Ourense Envialia

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF remontou un 0-2 para levar o derbi de Vista Alegre fronte ao Ourense Envialia (3-2).

O cadro ourensán adquiriu unha cómoda renda grazas á súa boa defensa e aos tantos de Antía, no minuto 14, e de Sara Moreno, no 17. Sen embargo, un gol de Cilene a 30 segundos do descanso, froito dun disparo desde fóra da área, deu azos as discípulas de Julio Delgado e Lucas para o segundo tempo.

Á volta dos vestiarios, o Pescados Rubén Burela dobrou a intensidade e ao borde da media hora de xogo Bea Mateos acadou o empate, o premio ao esforzo das locais. No minuto 34, Sara Correia completou o remonte co 3-2. De aí até o final non se movería o marcador, aínda que a visitante Luci estivo a piques de marcar nos últimos segundos. A xogadora do Ourense Envialia topou con Jozi.

NINGÚN DOS TRES PRIMEIROS FALLA

Con todo, o cadro laranxa ve como minguan as súas posibilidades de levantar o título de Liga despois de que os tres primeiros da clasificación cumpriran co expediente. O Atlético Navalcarnero goleou a domicilio ao Cádiz (1-11), o Universidad de Alicante desfíxose do Soto del Real (0-5) e o Jimbée Roldán foi capaz de solventar un duro enfrontamento contra o Alcorcón (4-2). Sigue líder o equipo branquivermello, con 69 puntos, os mesmos ca o cadro alicantino. As murcianas ocupan a terceira praza con 67, e o Pescados Rubén Burela ten 66.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...