InicioDeportesO Pescados Rubén golea ao Ourense a menos dunha semana do choque...

O Pescados Rubén golea ao Ourense a menos dunha semana do choque na Copa da Raíña

A segunda metade foi un monólogo das laranxas.

Publicada o

O Pescados Rubén Burela FS brillou este sábado nun festival laranxa no duelo irmandiño ante o Ourense Envialia. Tras o igualado 1-1 ao descanso, as Guerreiras Laranxas presionaron o botón adecuado para regresar en avalancha, con variedade de protagonismo goleador, e noquear ás de Morenín.
As da cidade de As Burgas responderon ben á primeira poutada e conseguiron mitigar lixeiramente, aínda que sen fol, a brecha mariñá, en dúas ocasións achegándose con 6-3 e despois co definitivo 9-4.
O electrónico resistiuse ata o final do primeiro acto co peso burelista ante a concentración en defensa do Envialia. No 17, Peque cortou as intencións de Judith dirixidas a Susana, pero a parella ourensá obtivo a recompensa na seguinte xogada, con saque de esquina da antiga burelista.
Cami, pouco despois desperdiciou, o empate tamén en estratexia, pero Ale de Paz soubo como selalo a falta dun minuto e medio para o descanso, nun disparo cruzado case sen ángulo, desde asistencia de Peque. Abriu a veda Leti Cortés na continuación, tocando in extremis o disparo cruzado de Cami (minuto 22). Parecía que tomaba impuslo o ataque local e o Ourense non fallou na súa gran oportunidade, de penalti, para recuperar a igualdade, con Laura Uña.
MONÓLOGO LARANXA NO CAMPO
O duelo irmandiño conseguiu converterse nun monólogo laranxa. Judiht conseguiu frear a parede entre Peque e Dany, pero a pivote hispano-brasileira volveu facer acto de presenza para servirlla a Luísa Mayara (25) e foi a 12 a que lle devolveu o favor á 3 no 27 para subir o 4-2. Viviu entón un gran minuto o conxunto de Julio Delgado, ampliando ata o 6-2 con Lara Balseiro, asistida de novo pola omnipresente Dany, e Bea Mateos recuperando en pista visitante.
Outra antiga laranxa, Jenny Lores, conseguiu reducir levemente, con saque desde a banda, pero foi tan só un espellismo. Peque, no 31, avisou nun man a man con Vane para protagonizar un dobrete, no 31 e 33, cun disparo cruzado primeiro e máis tarde nunha xenialidade fronte á meta ourensá. Con 8-3, as ocasións sobre a rede visitantes eran unha tormenta incontrolable, co noveno nas zapatillas de Luísa Mayara, grazas ao control, paciencia e espera da pivote hispano-brasileira. Laura Uña en recuperación maquillou a brecha, sen influír no perigo burelista. O décimo, sen subir ao marcador, superou a liña de meta coa bucina final.
Ourensás e burelenses volverán verse en menos dunha semana na pugna por un billete para as semifinais de Copa de S.M. A Raíña. O duelo galego abrirá a xornada de cuartos, o venres, ás 11.30 horas (en directo a través da web de RTVE).

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa espera que a reunión de seguemento sexa “o máis efectiva posible”

O comité de empresa de Alcoa apelou a que a reunión de seguimento, que...

O Concello de Ribadeo declara que se abriron 42 empresas no municipio no último ano

A apertura de negocios segue medrando en Ribadeo, onde se instalaron 42 empresas no...

Xove acenderá a Árbore e Nadal este xoves ás 18:30

A continuación enviamos información acerca da inauguración do Nadal 24-25 hoxe en Xove: O Concello...

O Resurrection Fest completa cartel con grandes grupos como Slipknot, KoRN, Judas Priest e Till Lindeman

O Resurrection Fest anunciou 80 novos nomes que perfilan o cartel definitivo para a edición do...