InicioDeportesRibadeo pide 350.000 euros a Xunta e Deputación para arranxar o Pepe...

Ribadeo pide 350.000 euros a Xunta e Deputación para arranxar o Pepe Barrera

O Concello comprométese a achegar 50.000 euros para completar a renovación das instalacións, cun céspede "pésimo" que obriga a suspender partidos cada tempada

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo solicitou 175.000 euros á Xunta de Galicia e outros tantos á Deputación de Lugo para solventar as carencias do campo de fútbol Pepe Barrera.

O goberno municipal chegou a un acordo coas dúas entidades usuarias destas instalacións deportivas, o Ribadeo FC e a SD Ribadeo, e encargou unha memoria valorada para a mellora do campo.

MEMORIA VALORADA

O proxecto, que inclúe a substitución do firme por outro novo, novo céspede e alumeado, e novos sistemas de drenaxe e rego, require dun orzamento de 400.000 euros. O Concello comprométese a achegar 50.000.

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, lembra que o campo ten un “céspede pésimo” e que padece problemas “de drenaxe, dun chan colmatado que non está ben, hai un desnivel que non é axeitado. En épocas de auga, é habitual que se suspendan partidos”, resalta.

O rexedor agarda que as administracións autonómica e provincial colaboren co Concello, “que nin debe gastar este diñeiro nin o ten”. Así, insta á Xunta á que invista no deporte municipal, “o que leva sen facer desde 2006”.

“ESCASA MARXE” DE TEMPO

Suárez Barcia agarda un compromiso “nos próximos días”, xa que, subliña, “temos un longo trámite e escasa marxe”.

A intención do goberno local é asinar os convenios económicos antes de final de ano, para poder licitalos a principios de 2019 e adxudicar as obras o antes posible de cara a comezalas en xuño, sen interromper o curso da tempada.

Suárez Barcia afirma que se as administracións “non cumpren, estaranlle a fallar ao fútbol de Ribadeo, desde a base aos veteranos”.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...