InicioDeportesO Burela FSF toma a pista do campión e segue líder

O Burela FSF toma a pista do campión e segue líder

O equipo laranxa derrota a domicilio ao Roldán e suma cinco vitorias en cinco encontros, ao igual que o Penya Esplugues

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF obtivo unha vitoria de prestixio (2-5) na pista do Jimbée Roldán, o vixente campión de Liga.

O triunfo permite ao cadro laranxa seguir como líder, despois de que o Penya Esplugues saíse cos tres puntos do feudo do pechacancelas (2-7), o Guadalcacín.

O Futsi, que solventou o seu desprazamento á pista do Amarelle (0-3), fica a dous tantos do dúo que lidera a Liga Foro 16 Feminismo.

Un test de primeiro nivel esperaba en Murcia ás discípulas de Julio Delgado e Lucas. Con xogadoras como Consu, Sara Navalón ou Ángela, o Roldán supuña un exame para as aspiracións de título do cadro mariñao.

Así o pareceu presaxiar o inicio do partido, co 1-0 no minuto 5. Sen embargo, o Burela non perdeu a calma e, antes do cuarto de hora, deulle a volta ao marcador con tantos de Peque -que disputaba os primeiros minutos da tempada- e Cris.

No segundo tempo, un novo arreón -entre os minutos 30 e 33, con tantos de Dany e Lara e de novo Cris- decantou o encontro a prol do equipo burelés. O Roldán só puido recortar diferenzas no último suspiro, cunha diana de Consu.

VINDEIRA XORNADA

Na vindeira xornada, o cadro burelés medirase ao Leganés Masdeporte en Vista Alegre.

 

ÚLTIMAS

O Goberno central anula a reunión de seguemento de Alcoa prevista para o luns 9 de decembro

O Goberno central anulou a reunión de seguimento de Alcoa prevista para o vindeiro...

O Concello de Ribadeo declara que se abriron 42 empresas no municipio no último ano

A apertura de negocios segue medrando en Ribadeo, onde se instalaron 42 empresas no...

Xove acenderá a Árbore e Nadal este xoves ás 18:30

A continuación enviamos información acerca da inauguración do Nadal 24-25 hoxe en Xove: O Concello...

O Resurrection Fest completa cartel con grandes grupos como Slipknot, KoRN, Judas Priest e Till Lindeman

O Resurrection Fest anunciou 80 novos nomes que perfilan o cartel definitivo para a edición do...