InicioDeportesO Burela FS golea e chega invicto ao duelo contra o Betis

O Burela FS golea e chega invicto ao duelo contra o Betis

O cadro laranxa bateu ao pechacancelas, o Tenerife, nun partido que dominou de principio a fin

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela acadou a terceira vitoria consecutiva. Fíxoo cunha goleada ao pechacancelas da Segunda División, o Tenerife (5-0).

O conxunto burelao suma así once puntos, un menos ca o líder, o Talavera. O equipo mariñao durmiu así na segunda praza da clasificación, á espera do que faga o Betis -que ten dez tantos- este domingo no seu desprazamento a Santiago.

LUCHO, POR PARTIDA DOBRE

Lucho, que anotou por partida dobre, abriu o marcador no minuto 4, o que facilitou as cousas ao cadro que adestra Juanma Marrube. O peche lucense marcou o 2-0 xusto antes do descanso.

No segundo tempo, Juanfran acadou axiña o 3-0 -o segundo tanto nas mesmas xornadas- e os xogadores novos completaron o triunfo: o canteirán Pitero e Porto ampliaron a renda.

VINDEIRA XORNADA

Na vindeira xornada, o cadro burelao afrontará un test de esixencia. Visitará ao Betis (sábado, 19.00, Amate), o equipo que o apeou na pasada campaña na loita polo ascenso.

Un rival que, con xogadores como Cidao, Tobe, Burrito ou Rubén Cornejo, semella chamado a loitar un ano máis por promocionar de categoría.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...