InicioDeportesO Pescados Rubén quita un punto da súa visita ao Mengíbar

O Pescados Rubén quita un punto da súa visita ao Mengíbar

Juanfran adiantou aos de Juanma no minuto 14 e Edu evitou o 2-1 ao deter un doble penalti no 38

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela colleitou o seu segundo punto da tempada despois de empatar (1-1) na pista do Software Delsol Mengíbar.

O cadro burelao adiantouse ao cuarto de hora por medio de Juanfran, que fixo diana cun disparo raso. O conxunto laranxa tivo o 0-2 en varias ocasións antes do descanso, pero o gardameta local, Zardoya, mostrouse seguro.

SEGUNDO TEMPO

O conxunto mariñao mandou tamén no inicio do segundo asalto, con oportunidades para Pitero, Juanfran, Lucho e Vargas. A falta de gol do equipo que adestra Juanma Marrube pasoulle factura e o Mengíbar equilibrou a balanza no minuto 35 por medio de Ureña.

A partir de entón tocou aguantar para conservar o botín. O Pescados Rubén cometeu a sexta falta a dous minutos para o desenlace. Edu resolveu o doble penalti executado por Emilio Buendía e o conxunto laranxa quitou un punto dunha das pistas máis complicadas da Segunda División.

VINDEIRA XORNADA

O Pescados Rubén recibirá na vindeira xornada (18.30 horas, Vista Alegre) a El Pozo Ciudad de Murcia. O conxunto murciano empatou esta fin de semana co Betis (2-2). 

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...