InicioDeportesA Travesía Ría de Foz xuntará a preto de 400 padexeiros na...

A Travesía Ría de Foz xuntará a preto de 400 padexeiros na súa 56 edición

O Club Kayak de Foz impulsa o sábado a proba, que se celebra sen interrupcións desde o 1962

Publicada o

- Advertisement -

O Club Kayak de Foz, coa achega da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e o Concello, organiza o vindeiro sábado, 8 de setembro, a 56 edición da Travesía da Ría de Foz, un evento de referencia no calendario deportivo mariñao que xuntará a preto de 400 padexeiros e 250 embarcacións de Galicia e Asturias.

A proba, puntuable dentro do grupo 1 para a Liga Galega de piragüismo nas categorías sénior, xuvenil, cadete e veterano -masculinas e femininas- comezará ás 16.30 horas, nas modalidades de K1, K2, C1 e C2.

EQUIPOS

Competirán na Travesía 30 equipos, catro deles mariñaos: serán o anfitrión, o Club Piragüismo Viveiro, San Ciprián e Altruán de Ribadeo.

participarán CATRO ENTIDADES MARIÑÁS NA PROBA, puntuable para a liga galega de piragüismo

Participarán tamén na 56 Travesía de Foz As Torres-Romeria Viquinga; Confraría de Pescadores de Portonovo; Ría de Aldán-Hermanos Gandón; Cambados; Piragüismo Olívico; Ribeiras do Tambre; Depornautic Arousa; Náutico de Miño; Avión-Catamarán Ribeira Sacra; Fluvial de Lugo; Fluvial do Barco; Tambo de Marín; Cambre; Náutico de Cobres; Pontecesures; Club Naval de Pontevedra; Cidade de Lugo; Narón; Río Verdugo; Allariz; Vilaboa; Ría de Betanzos; Escola Ourensá Municipal; Escola Cidade de Pontevedra; Grupo Xuvenil-Matojoma e Sociedade Deportiva As Xubias.

TRADICIÓN

A Travesía, iniciada no 1962 e desputada desde entón sen interrupcións, é a terceira competición deste tipo máis antiga de España. O evento trascende ao ámbito deportivo e convértese nunha cita cunha dimensión social, xa que Foz acolle nesta xornada a centos de visitantes, tanto aos participantes como aos amantes do piragüismo que se achegan á vila.

trátase da terceira competición deste tipo máis antiga de españa

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, asistiu á presentación do evento xunto ao presidente do Club Kayak de Foz, Nacho Romillo, o xefe do servizo provincial de deportes, Manolo Cadramón, e a edil focega Mercedes González, entre outras autoridades.

ÚLTIMAS

As mozas violadas en Viveiro aseguran que viviron “en shock” esa noite

O xuízo contra dous homes acusados de violar, na casa dun deles, a dous...

Morre tamén a nai da falecida no incendio do Valadouro

A muller de 77 anos trasladada ao Hospital da Mariña polas feridas sufridas no incendio...

ACISA Ribadeo anima ás empresas locais a unirse ao Bono Activa Comercio

Acisa anima ás empresas locais a adherirse ao Bono Activa Comercio da Xunta....

A CAMOVI de Viveiro será unha homenaxe a Ramón Blanco na edición deste ano

O Concello de Viveiro será esta próxima fin de semana o escenario dunha nova...