InicioDeportesA Mariña desfruta de si mesma ao paso da Vuelta

A Mariña desfruta de si mesma ao paso da Vuelta

A Catedral de Mondoñedo, o Faro de San Cibrao ou a ría de Viveiro luciron nunha etapa que mostrou a beleza da comarca

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña desfrutou este xoves dun día especial coa desputa da décimo segunda etapa de La Vuelta a España. O corredor francés Alex Geniez, do AG2R La Mondiale, impúxose ao sprint na meta de Estaca de Bares, nunha xornada inesquecible para os mariñaos.

SAÍDA EN MONDOÑEDO

Centos de seareiros achegáronse á Mondoñedo para presenciar a saída e ver de preto a estrelas do pelotón como Peter Sagan, Nairo Quintana, Vincenzo Nibali ou Alejandro Valverde. Os asistentes desfrutaron do traxecto que a serpe de cores cubriu polas rúas do casco histórico mindoniense.

Os mariñaos e visitantes comprobaron que o espectáculo da Vuelta non só se reduce aos ciclistas do pelotón. Moitos admiraron a rapidez coa que os mecánicos dos equipos participantes preparan as bicicletas.

Finalmente, o pelotón arrincou para a décimo segunda etapa, que pasou por varios municipios mariñaos e que mostrou a beleza da Mariña Lucense.

RIBADEO

FOZ

BURELA

SAN CIBRAO

 

VIVEIRO

O VICEDO

ÚLTIMAS

Burela realiza melloras na canceira municipal xestionada pola Asociación Bigotes

O Concello de Burela vén de realizar unha serie de melloras na canceira municipal,...

Espectáculo ‘Sentir’ do Mago Rafa no Pastor Díaz de Viveiro

O Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro acollerá a representación do novo espectáculo...

Viveiro realiza labores de mantemento nas cunetas de Naseiro

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro, a través da Concellería de Medio Rural, realizou...

O futuro da Mariña: unha historia aínda sen argumento

Alcoa anunciaba que paralizaba a construción do forno de cocción de ánodos, un dos compromisos...