InicioDeportesAberta a inscrición para as carreiras solidarias Alas de Vida

Aberta a inscrición para as carreiras solidarias Alas de Vida

O prazo remata o día 16 e os prezos oscilan entre os sete euros da proba en asfalto e os dez do trail

Publicada o

- Advertisement -

A asociación Fanto Fantini abriu a inscrición para as carreiras solidarias Alas de Vida, que se celebrará en Burela os días 22 e 23 de setembro. A organización presentou o cartel do evento este luns no consistorio burelés.

O sábado 22 de setembro, desde as 16.30 horas, celebrarase o paseo solidario e a festa infantil. A cota de inscrición nestas actividades será de tres euros.

DÚAS MODALIDADES

O domingo 23 será o día das competicións, coas carreiras infantís e para adultos (cronometradas). Quenes queiran participar poden elixir entre a proba en asfalto, con sete quilómetros de distancia, e un trail de 14 quilómetros polo Monte Castelo.

Ámbalas dúas carreiras sairán da Praza da Mariña, desde as 10.30 horas, e o custo será de sete euros para os participantes da proba en asfalto e de dez para os atletas que compitan no trail.

Os interesados en anotarse poden formalizar a súa inscrición neste enlace. O prazo remata o domingo, 16 de setembro. 

CONTRA A PEL DE BOLBORETA

A organización lembra que a cantidade recadada nesta quinta edición de Alas de Vida irá destinada á asociación Debra, que tenta mellorar a vida dos doentes da enfermidade rara coñecida como pel de bolboreta.

Participaron no acto de presentación das carreiras o alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de deportes e servizos sociais, Ramiro Fernández Rey e Patricia Otero.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...