InicioDeportesConta atrás para a etapa "mariñá" de La Vuelta a España

Conta atrás para a etapa “mariñá” de La Vuelta a España

Os representantes municipais e a Xunta mantiveron unha xuntanza para preparar o evento

Publicada o

- Advertisement -

Xa queda menos dunha semana para a “etapa mariñá” de La Vuelta Ciclista a España. Os alcaldes e representantes municipais dos concellos polos que discorrerá o percorrido mantiveron unha xuntanza de traballo coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro.

Xuntanza das autoridades para preparar o evento. AXM

A décimo segunda etapa dunha das tres grandes carreiras ciclistas do mundo chegará á comarca o vindeiro xoves, 6 de setembro, con saída en Mondoñedo e meta no faro de Estaca de Bares. A serpente de cores percorrerá os termos municipais de Mondoñedo, Lourenzá, Trabada, Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo (por San Cibrao), Xove, Viveiro, e xa na provincia da Coruña, os municipios de Mañón e Ortigueira.

LOCALIDADES E HORARIOS

As autoridades animaron á veciñanza mariñá e aos visitantes que pasarán eses días na bisbarra a arroupar aos deportistas participantes nesta volta ciclista ao seu paso polas distintas localidades. Nas imaxes podes saber as localidades polas que pasarán os deportistas, os horarios aproximados -en función da velocidade- e os portos que subirán na etapa, considerada de media montaña. Tamén podes acceder á información completa neste link.

BANDO DA ALCALDÍA EN MONDOÑEDO

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, emitiu un bando para regular o tráfico na cidade con motivo da saída da etapa. Podes consultalo nesta galería. 

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...