InicioDeportesO Breogán continuará o seu plan de pretempada en Viveiro e San...

O Breogán continuará o seu plan de pretempada en Viveiro e San Cibrao

O equipo lucense, que regresa no vindeiro curso á ACB, pasará a próxima fin de semana na Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán, que no vindeiro curso militará de novo na Liga ACB, a máxima categoría do básket español, desprazarase este sábado ata Viveiro, onde continuará co seu plan de pretempada.

A expedición do equipo lucense aloxarase nun hotel da localidade e será recibida no consistorio viveirense. No seu programa na Mariña, o club inclúe dous adestramentos en San Cibrao (sábado e domingo pola mañá), no concello de Cervo, outro na cidade do Landro, un traballo de recuperación en piscina e SPA e traballo físico e de recuperación nunha das praias da contorna.

O CB Breogán agradeceu aos Concellos de Cervo e Viveiro a súa hospitalidade e a cesión das instalacións deportivas.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...