InicioDeportesEspaña sub-18 chama a Nito

España sub-18 chama a Nito

O peche burelés xogará coa selección española de fútbol sala dous amigables contra Rusia

Publicada o

- Advertisement -

O peche burelés Néstor Valle, ‘Nito’, figura entre os 14 convocados pola selección española sub-18 de fútbol sala para unha concentración en Castellón que comezará o vindeiro 20 de maio. O combinado vermello enfrontaranse a Rusia en dous partidos amigables, o día 22 en Segorbe e o 23 en Benicassim.

É a segunda convocatoria coa selección española de Nito nesta tempada. No pasado mes de febreiro desprazouse coa expedición da sub-19 a Piestany (Eslovaquia), onde xogou dous encontros ante o combinado eslovaco. A chamada de España é o broche de ouro a un excelente curso, no que unha xeración de ouro -que forman tamén Luismi Nieto e Christian Rivas, ‘Pitero’, outros dous internacionais de base- revalidou o título da División de Honra xuvenil.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...