InicioDeportesAdrián Ben, ao asalto de Europa este mércores

Adrián Ben, ao asalto de Europa este mércores

O corredor viveirense xogarase un posto na final dos 1.500 do Europeo de Berlín

Publicada o

- Advertisement -

O atleta viveirense Adrián Ben comezará este mércores (12.05 horas, Olympiastadion) a súa andaina no Campionato de Europa sénior de atletismo que se celebra en Berlín. O corredor mariñao será o único representante español na proba masculina dos 1.500 metros lisos, a distancia de mitos como Fermín Cacho.

Un total de 95 deportistas forman a expedición española en Alemaña. Ben, que cumpriu 20 anos o pasado día 4, partirá cunha marca de 3:39.40, colleitada no trofeo de Castellón.

Adry Ben, no centro, na expedición española en Berlín. AXM

37 PARTICIPANTES

Trátase da quinta peor marca dos 37 participantes na proba, o que demostra o tamaño do reto ao que se enfronta Adry. O viveirense fará a súa primeira aparición nun torneo deste calibre en categoría absoluta e debe desfrutar da experiencia ao máximo e aprender sen responsabilidades na clasificación.

FAVORITOS

O noruegués Filip Ingebrigsten, actual campión europeo da distancia, é o máximo candidato a colgarse a medalla de ouro. Chega cunha marca de 3:30.01. O seu irmán Jakob -de 17 anos-, con 3:31.18, pode ser o seu meirande rival, e incluso competirá un terceiro integrante da saga, Henrik, que xa subiu ao podio no 2016. Os tres corredores escandinavos tamén correrán os 5.000. O británico Chris O’Hare chega cun fenomenal rexistro, 3:32.11, ao igual que o checo Jakub Holusa, con 3:32.49.

FINAL

A final dos 1.500 metros lisos masculinos está prevista para o vindeiro venres, ás 21.50 horas, o que suporá o peche da xornada.

ÚLTIMAS

Ana Pena, guía: “Recomendo visitar o interior da comarca, un lugar pouco coñecido”

-Como te iniciaches nesta actividade de organizar percorridos e rutas turísticas na Mariña? Estudei Turismo...

Accidente mortal en Ribadeo logo dun accidente múltiple entre catro vehículos

Un condutor faleceu na tarde-noite deste pasado xoves na localidade lucense de Ribadeo tras...

Detido un veciño de Foz que tiña unha orde de ingreso en prisión

A Garda Civil detivo a un veciño de Foz sobre o que pesaba unha...

A Xunta cre que Alcoa non dixo “claramente” que non ía cumprir os compromisos do arranque e o Goberno confía en que se cumprirán

O conselleiro de Emprego, Comercio e Migración, José González, non cre "que dixese claramente...