InicioDeportesCami regresa ao Pescados Rubén Burela FSF tras seis meses de éxitos...

Cami regresa ao Pescados Rubén Burela FSF tras seis meses de éxitos no Brasil

A peche brasileira volverá vestir a camisola laranxa tras acadar o Campionato Paulista, os Xogos Universitarios co São José e a Copa América coa selección verdeamarela

Publicada o

- Advertisement -

A peche brasileira Camila Gadeia Silva, Cami, regresa ao Pescados Rubén Burela FSF, equipo no que militou nas dúas últimas tempadas, despois de seis meses no seu país de orixe, onde conseguiu o Campionato Paulista e de Xogos Universitarios co São José, ademais de alzarse co título de Copa América con Brasil, xunto a Cilene.

O club burelao está á espera da documentación necesaria para formalizar a contratación de Cami (São Paulo, 1990), que xa chegou á Mariña Lucense para pasar as datas de Nadal.

FORTALEZA DEFENSIVA E PEGADA

Na pasada campaña, na que levantou co Burela FSF a Copa da Raíña, Cami destacou pola súa fortaleza defensiva e ademais anotou 14 goles na Liga. Julio Delgado e Lucas contarán así con dous reforzos de luxo para a segunda volta e o play off, despois de que Cris se recuperase dunha lesión de xeonllo.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...