O Pescados Rubén Burela FSF gañou na pista do Penya Esplugues (1-6) e afrontará o clásico da vindeira fin de semana contra o Atlético Futsi Navalcarnero a dous puntos do cadro madrileño, que continúa como líder da Primeira División tras derrotar ao Sala Zaragoza (5-4).
Despois de ceder os primeiros puntos da tempada na pasada xornada contra o Alcorcón (2-2), o cadro laranxa saíu con ganas á cancha e encarrilou axiña o triunfo. No minuto 10 xa gañaba por 0-3, con tantos de Ale de Paz, Peque e Dany. Pasado o cuarto de hora, Celia aproximou ao conxunto catalán no marcador, anotando o 1-3 co que se chegou ao descanso.
O equipo que preparan Julio Delgado e máis Lucas acabou coa resistencia do equipo local no 23, grazas a Peque. Ale de Paz e a propia á madrileña completaron a goleada das visitantes.