InicioDeportesA internacional Luci achegará talento e orde á rotación do Burela FSF

A internacional Luci achegará talento e orde á rotación do Burela FSF

A xogadora coruñesa, de 26 anos e procedente do Ourense Envialia, é a segunda fichaxe que oficializa a entidade

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF anunciou a incorporación da á internacional Lucía Gómez, ‘Luci‘ (A Coruña, 1992), que procede do Ourense Envialia. Trátase da segunda fichaxe que oficializa o club tralo regreso de Peque.

Futbolista con talento individual e intelixencia táctica, Luci cumpriu no pasado curso a súa segunda tempada co cadro ourensán, co que se proclamou campioa da Copa de España no 2017. Sen ser a anotación a súa mellor virtude, na campaña 2017-2018 anotou 14 goles na máxima categoría.

TRAXECTORIA

En outubro de 2017 estreouse coa selección española en Portugal e tamén disputou co combinado hispano o Torneo IV Nacións de Guadalaxara e o trofeo internacional de Moscova, na pasada primavera. Luci criouse na Escola Sal Lence e Viaxes Amarelle da cidade herculina, e entre 2014 e 2016 defendeu as cores do Lacturale Gurpea Orvina navarro.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...