InicioDeportesOportunidade para Pitero, que completa o primeiro equipo do Burela FS

Oportunidade para Pitero, que completa o primeiro equipo do Burela FS

Logo de rematar a etapa xuvenil, o prometedor á-peche será o cuarto canteirán ás ordes de Juanma

Publicada o

- Advertisement -

Logo de formarse nas categorías de base do club e rematar na pasada campaña a súa etapa xuvenil, Christian Rivas García, ‘Pitero‘ (Burela, 1999), vivirá a súa primeira tempada con ficha do primeiro equipo do Pescados Rubén FS. O prometedor á-peche burelés pechará o bloque que adestrará Juanma Marrube.

Na súa etapa xuvenil, Pitero acumulou éxitos. Foi internacional coa selección española sub-19 -ao igual que outros compañeiros, como Nito Valle e Luismi Nieto– e gañou o título de Liga da División de Honra xuvenil nas dúas últimas campañas. Tamén foi un habitual nas convocatorias do combinado galego da categoría.

Na tempada pasada, marcada polas lesións que non lle deixaron ter continuidade, Pitero xa foi un máis na dinámica de traballo do primeiro equipo. “É o exemplo de que con traballo e compromiso se pode dar o salto dende a base”, asegura Manuel Blanco, o presidente laranxa. De feito, Pitero será o cuarto canteirán ás ordes de Juanma, con Iago Míguez, Hélder e Renato. 

BLOQUE PECHADO

Salvo algunha novidade non prevista, o bloque do Pescados Rubén Burela para a campaña 2018-2019 está pechado. Os porteiros Edu e Imanol (procedente do Jaén Paraíso Interior); os peches Pope, Lucho (Levante) e Hélder; os ás Renato, Vargas (Levante), Iago Míguez, Pitero, Juanfran (Natuperllet Segovia) e Porto (Lugo Sala); e os pivotes Luisma e Matamoros.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...